Explicación das imaxes do mapa

 Benvidos unha semana máis ao blog dos alumnos de TICs II. Na entrada de esta semana continuamos coa dinámica ca que levamos estas últimas semanas sobre as propostas do equipo de dinamización lingüistica.

Como sabedes, na entrada da semana pasada intrudiciamos a proposta de mapa interactivo que nos facía o equipo de dinamización lingüística. Deixamos por aquí a ligazón a anterior entrada para que vos informedes mellor sobre a proposta, xa que para poder entender esta entrada debedes estar ao tanto da entrada da semana pasada.


Nesta entrada poremos á vosa disposición unha lenda das diferentes imaxes que aparecen no mapa, para que podades entender mellor o mapa e podades disfrutar a actividade. Pensamos que poñer o documento directamente na entrada sería pouco interactivo e máis "aburrido" buscar, polo tanto, ca axuda do noso profesor, Daniel Conde, a lenda aparecerá en forma de libro dixital, feito ca páxina FlipbookPDF.net na seguinte ligazón.

Por outra banda, durante esta semana estase retomando o torneo de xadrez que organiza Gerardo. Dende aquí insistimos, non é obrigatorio saber xogar, senon ganas de aprender. Se estás interesado en formar parte desta actividade, tes algo máis de información nesta entrada, ou ben podes falar con Gerardo, profesor de Física e Química. 

Polo pronto nada máis, moitas gracias ao equipo de dinamización lingüística do noso centro por deixarnos a información para estas últimas tres entradas e tamén a vós, por estar unha semana máis connosco.




Entrada por Lucas Lijó e Gonzalo Sainz





Comentarios

  1. Ola! Boa tarde!
    Quedou moi ben a lenda do mapa en forma de libro dixital!! Iso si, para poder premer na ligazón ou copiala, hai que descargar o PDF.
    Bo traballo! A seguir así!!
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Ola, bos días, este texto pareceume moi bo e está moi ben explicado.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares