Intervencións artísticas e víspera do antroido

Benvidos unha semana máis ao noso blog.


Hoxe tan só queda unha semana para que no noso centro se celebre o antroido dunha das mellores maneiras. Un pequeno resumen do que faremos nesas datas serán uns pequeniños concursos dos cales un será de disfraces, no cal por pequenos grupos dunha mesma clase ou ben de toda a clase disfrazarse de temática mariñeira ou de cousas ou animais que atopemos no mar, valorarase a creatividade dos disfraces como a proposta escénica cun pequeno baile ou unha presentación. Neste concursopremiarase cun xantar na pizzería Peppo.



O outro concurso será para a xente que lle guste facer sobremesas, xa que trata de levar unha sobremesa típica do antroido ou con temática de antroido, aquí valorarase como está de sabor e a súa creatividade. 





Iso é un pequeniño recordatorio, agora vamos falar de que se fixo en toda esta semana que parece que estamos xa en verán con toda a calor que fai, so que polas mañáns fai un pouquiño de fresco. Aproveitando toda a calor e do bó dia que fai nesta semana estiveron plantando allos e cebolas no noso horto que esta moi ben coidado  grazas aos nosos compañeiros e da xente do centro de día que se preocupan de que esas hortalizan vaian cara adiante. Se non fose por eles o horto do noso centro non existiría. 

Outra cousa que fixeron os alumnos de 1º de bacharelato de artes foi facer uns pequenos videos e estructuras para facer referencia as cousas que pasan hoxe en día co motivo do día da paz. 


Un grupo fixo unhas pequenas instalacións na praia de Barraña chamada Land Art con cousas que podemos atopar na praia para facernos reflexionar do impacto do ser humano na nosa contorna. No instagram do noso centro podemos atopar un pequeno video onde se ve como fan todas estas cousas a man, este video chamaronlle "Multitudes". 




Outro grupo fixo unhas flores con lazos e cintas de cores , e unha estructura grande feita tamén de lazos pero esta vez negros nas redes que limitan o centro dende a parte de atrás chamada "Flores en guerra" na que baixo esta instalación hai un lema: A guerra comézana os de arriba pero os de abaixo son os que a sofren. Desta instalación tamén hai un video no noso instagram de como estes alumos traballan todo a man dende cero. 




Por último dos alumnos de 1º de bacharelato de artes fixeron unha mandala con cousas que podemos atopar na praia, no monte, pola rúa, ou ata na horta da túa avoa. Este proyecto chamaronlle "Mandala ecolóxica". Este traballo quere decirnos que o medio ambiente onde os seres vivos coexisten ao marxe da vida urbana. Esto tamén podemolo atopar no instagram do nos centro. 



A última cousa que fixeron os nosos compañeiros do centro esta semana foron os de 2º Bacharelato de artes, que fixeron uns pequenos traballos a man nos cales tiñan que debuxar uns paxaros de diversas especies as cales estan espostas e decorando a entrada do centro para celebrar o día da Candeloria o 2 de Febreiro deste 2024 no que os nosos paxaros van casar.


Con isto rematamos hoxe o noso blog e esperemos que vos apuntedes nos concursos que falamos ao inicio e que nos demos conta de todo o que esta pasan hoxe en día no noso planeta. 






Carla González e Xavier Polo

Comentarios

  1. Gústame porque e un texto que explica o día a día no centro e así podernos enterar das novas e vellas tradicións e formas distintas de reciclar coidar o entorno.

    ResponderEliminar
  2. E curiosa a forma que ten de expresar ou contar todo o que sucede no día a día do centro

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito que fixesen un concurso de Entroido onde o premio fose un xantar no Peppos .
    Por iso a miña clase participou no concurso. O que mais me gustou foron as instalacións da praia de Barraña e as flores que me pareceron moi creativas.

    ResponderEliminar
  4. Gústame moito porque fala do noso instituto e do día a día.

    ResponderEliminar
  5. A min gustoume moito a maneira que teñen para contar o que fan no noso centro, tamén pareceume interesante o que están a contar nesta noticia sobre o entroido e o que fixeron o longo desa semana.

    ResponderEliminar
  6. Boas,
    Este blog gústame moito xa que fala de varios días que celebramos no instituto.
    O que fixo o alumnado de bacharelato está xenial e é moi fermoso.
    Tamén esta moi ben que algúns alumnos planten diversos froitos no horto do instituto.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  7. Boas, gústame moito este blog porque podo saber o que pasa no meu centro

    ResponderEliminar
  8. Boas,
    Neste bolog enterome de cousas que non sabia

    ResponderEliminar
  9. Boas.
    Este blog gustoume moito xa que fala de varios días que celebramos no noso instituto.
    O que fixo o alumnado de bacharelato esta xenial e é moi fermoso.
    Tamén esta moi ben que algúns alumnos planten diferentes froitos no horto do instituto.
    Tamén e interesante a maneira que teñen para contar o que fan no noso centro,como tamén me pareceu interesante o que están a contar nesta noticia sobre o entroido e o que fixeron ao longo desta semana.
    Outra cousa que me interesou e me gustou foi que grazas a este blog podo estar ao corrente do que pasa todo los días no meu centro.
    En conclusión esta moi ben feito as cousas que fai o centro e o alumnado do centro.
    Grazas ao alumnado do centro e ao centro por darnos esa oportunidade de facer cousas no instituto.

    ResponderEliminar
  10. Boas
    Gústame moito porque fala do noso instituto e do día a día.

    ResponderEliminar
  11. Boas
    Gústame moito porque fala do noso instituto e do día a día. Recordo ese día perfectamente gustoume moito por que fun resuar.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares