Actividades deste outubro

 -octubre 19, 2023

  Benvidos unha semana máis ao noso blog. Xusto o día de hoxe comezou o Torneo de xadrez no noso instituto. 

  Durante varios recreos do trimestre os diferentes participantes do torneo enfrontaranse entre eles. Haberá premios para os dous mellores clasificados de cada trimestre. Os mellores xogadores batiranse a final do curso, nun torneo con outros centros. 

  Esta iniciativa foi levada a cabo por Gerardo, o profesor de Física e Química, xunto ca biblioteca do centro. Agora mesmo a lista está pechada, mais podes falar con Gerardo ou deixar os teus datos na biblioteca, sempre pode haber algunha baixa de última hora e facerte un hoco no torneo. O cartel remarca que non é necesario saber xogar, o único que contan son as ganas. 


  Aproveitamos tamén esta entrada para facer un recordatorio, a biblioteca do noso centro, como todos os anos está a facer un Concurso de Relatos de Terror, agora que xa estamos entrando na tempada de Samaín.  

  Participar é moi fácil:

- Dalle voltas á túa cabeza e escribe un relato terrorífico.

- Identifícate co teu nome, apelidos, curso e grupo.

- Deposítao no buzón que estará ata o día 25 ao lado de conserxería.

  Haberá dúas categorías e dous gañadores, un para a ESO e outro para Bacharelato. 

  Dende aquí animamos á xente do noso centro a apuntarse a algunha destas iniciativas levadas a cabo pola biblioteca e Gerardo. Vamos a axudar e a promocionar as iniciativas do centro.

Vémonos a semana que ven.



Entrada por Lucas Lijó e Gonzalo Sainz




Comentarios

Publicacións populares