O mapa máis completo de toda Galicia... está no noso intituto!! - Comparte a maxia do teu antroido.

Benvidos unha semana máis ao blog dos alumnos de TICS do 2º curso de Bacharelato, do IES Praia Barraña. Nesta ocasión imos continuar na mesma línea que a anterior semana, con novas acerca da nosa iniciativa de normalización lingüística.

Do que vos imos falar hoxe é sobre o mapa que hai no instituto: entrando, á man esquerda. Quere ser o xermolo dun crebacabezas. Velaquí a explicación:

Sabedes os típicos mapas do mundo en madeira con pezas magnéticas para que as/os pequechas/os de Infantil e Primaria se familiaricen coa xeografía? Cada imán representa un país ou unha rexión do mundo cunha ilustración que a caracteriza; o gran taboleiro magnético representa o mundo cos continentes, mares e océanos... Pois a idea xurdiu de aí. Queriamos o mesmo, pero co mapa de Galicia.

Entón con moito entusiasmo, paciencia e amor houbo quen se preocupou de ir buscando unha a unha as imaxes representativas de cada lugar, procurando que fosen con Licenza de Creative Comons e deste xeito foi configurando o mapa e tamén un índice con códigos QR para pescudarmos por que está situada tal imaxe en tal lugar e máis códigos QR para vermos a localización inicial das imaxes.

Un traballo de encaixe de palillo coma os de Camariñas!

O resultado foi este mapa e un caderno- índice (que podedes atopar na biblioteca do centro) onde están os devanditos códigos QR.




Como o uso do móbil está prohibido nos centros de ensino, en breve dispoñeremos das ligazóns que nos permitan saber a historia das imaxes. Así poderemos facer buscas desde calquera ordenador.

A aprender moito da cultura de noso!! 


Polo demáis, non ocorreu moito esta semana, pois só houbo dous días lectivos debido ó antroido, e nos gustaría coñecer todas as formas creativas nas que celebrastes vos, os nosos lectores, esta festividade tan vibrante. Participaches nun desfile colorido, disfrazácheste do teu personaxe favorito ou simplemente gozaches da música e a comida típica?

Comparte as túas experiencias e anécdotas dos teus momentos máis divertidos durante este antroido. Queremos mergullarnos na diversidade de celebracións que cada un viviu!


Grazas por acompañarnos unha semana máis e felicitar ao centro por este recoñecemento. Ata a próxima semana!



                                                  Entrada por David Ardila e Brais Canosa


Comentarios

  1. Paréceme un mapa moi bo e completo, gustame moito.

    ResponderEliminar
  2. Gústame moito por como che aclara as ideas e poderíanse facer mais traballos así

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito o proxecto, estivo moi interesante.
    Por riba de todo a idea de recopilar todas as imaxes dos sitios de Galicia e recopilalos nun mapa.
    Parabéns!

    ResponderEliminar
  4. Bos día. O mapa paréceme unha idea única e creativa. Foi una idea moi ben pensada para decorar un mapa e explicar Galicia!! Parabéns!

    ResponderEliminar
  5. Bos días. Para min, é un dos traballos que máis me gustou do instituto. Ten moita información e aclárache moito as ideas. É moi orixinal!

    ResponderEliminar
  6. Ola, bo día!

    Gustoume moito, paréceme un traballo moi chulo. Vese que hai moita creatividade e esforzo.
    Hai moita información útil neste mapa, pero podía haber un pouco menos porque ao ver o mapa vese moita información xunta e non ves algo claro pero polo demais está xenial.

    Un saúdo !

    ResponderEliminar
  7. O MAPA MAIS COMPLETO DE TODA GALICIA ESTA NO NOSO INSTITUTO
    As entradas desa semana parecéronme moi boas , xa que é un moi bo mapa, moi completo. E encantoume a idea de colocar unha imaxe representativa de cada lugar.

    Ata outra!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares