Semana de arte e aprendizaxe - Aproxímase a nosa despedida

Ola outra semana máis estudantes! O curso está chegando ó seu fin, e con el este blog. Esta será, de feito, a última entrada que escribiremos Brais e David, pero non vos preocupedes porque o resto de redactores deste blog aínda teñen moito que dicirvos as semanas que quedan por vir.


Atopámonos todos na etapa final desta emocionante viaxe que foi o ano escolar. Con cada paso que damos, achegámonos ao tan esperado final, onde celebraremos os logros, aprendizaxes e recordos que acumulamos ao longo deste período.


Concretamente nós, os escritores desde blog afrontamos isto con gran emoción e un toque de nostalxia, pois como somos alumnos de 2º de Bachalerato serán (se todo sae ben) os nosos últimos días no centro. Hai quen o leva mellor e quen o leva peor, pero en xeral eu creo que temos ganas de dar o seguinte paso e introducirnos, a maioría, na vida universitaria por fin (sen saltarnos o verán, claro!!!).





Este luns 15 de abril foi o día mundial da arte. Facendo honra a este gran acontecemento , a continuación poderedes ver unha selección de obras feitas polo alumnado de Bacharelato de Artes reinterpretando obras icónicas da Historia da Arte:























Ademáis, Este venres o alumnado de 1° ESO B traballou nun novo obradoiro do EpDLab. Desta vez o tema foi o consumo responsable, a publicidade e a contrapublicidade. Analizamos a nosa pegada ecolóxica, coñecemos o custo medioambiental da roupa que vestimos, onde se produce maioritariamente e por que. Tamén reflexionamos sobre as mensaxes publicitarias e descubrimos o que é a contrapublicidade. Para rematar, elaboramos os nosos propios anuncios de contrapublicidade denunciando a mala praxe dalgunhas marcas. Un xornada moi proveitosa!!








Finalmente, os escritores desta entrada queríamos destacar que é difícil crer que xa estamos a chegar ao final deste capítulo, e con iso, tamén ao peche do noso amado blog semanal. Foi un pracer compartir noticias, reflexións, historias e momentos destacados con todos vostedes ao longo deste tempo. Desde as aventuras na aula ata os eventos extraescolares, tentamos capturar a esencia vibrante e diversa da nosa comunidade educativa.

É por isto que nesta última entrada queriamos deternos un momento para agradecervos a todos os lectores, profesores ou alumnado, por acompañarnos e por ser parte desta experiencia.









Entrada por Brais Canosa e David Ardila

Comentarios

Publicacións populares