Semana chea de actividades. Gonzalo e Lucas nos despedimos

 Benvidos unha semana máis ao noso blog. Por sorte, esta semana estivo chea de actividades e boas novas para o centro. Antes de comezar a entrada gustarianos despedirnos, xa que esta será a útima entrada que faremos Gonzalo e Lucas. Ca entrada de maio o alumnado de 2º de Bacharelato comeza os seus últimos días no centro. Pola nosa parte será a última entrada, mais non vos preocupedes que aínda quedan dúas máis e unha chea de noticias que contar. 

Dende aquí queremos mostrar todo o apoio a todo o alumando do centro, e en especial ao de 2º de Bacharelato, no que podemos ver moitas formas de vivir este sprint final e estes últimos días antes das probas de acceso a universidade, cas que se todo vai ben, daremos ese ansiado paso á vida universitaria.

Malia ter uns días máis chuviosos do que viñamos acostumados, durante esta semana pasada xa se vai notando o calorciño do verán e da plaia, que dende aquí esperamos moito que o disfrutedes todas e todos.

O pasado11 de marzo comezaba o I Concurso Somos Boiro no que había que crear un cartel con temática referente ao consumo local. Os EDLG de diferentes centros de Boiro, a ABE e o concello, uníronse nesta boa iniciativa para fomentar o comercio e o consumo local entre os máis novos, á par que se fomenta o uso do galego. 

Co referente ao nosos centro neste consurso, temos a pracer de anunciar que Aldara Pedrosa Cotos, alumna de 2ºESO B resultou gañadora do concurso. Gonzalo e Lucas queremos dar todos os parebens a Aldara polo seu increíble cartel e esperemos que disfrute do premio de gañadora. 



Por outra parte ao longo de esta semana realizáronse diferentes actividades no centro. 

En coalición, o CEIP Praia Xardín, CEIP Santa Baia, a Policía Local de Boiro e o nosos centro, o pasado mércores inaugurouse o camiño escolar seguro, no que participou o noso alumanado de 1º da ESO. Esta medida, foi tomada polo concello en vías de mellorar a seguridade vial dos estudantes e familias que percorren a Avenida de Compostela todas as mañás para acceder aos centros de ensino. Medida tamén para fomentar esta actividade tan simple e beneficiosa para todos. Nesta ligazón, deixamos máis información acerca esta iniciativa.




Por último, mañán 27 de abril ás 11:30 realizarase no Centros Social de Boiro unha charla formada pola psicóloga MªCarmen González Hermo, a educadora social Alba Fernández e o educador social Jaime Bello. Charla organizada polos centros que forman o Espazo Familias Boiro en busca dun maior entendemento sobre os cambios psicolóxicos que sufrimos os adolescentes nesta estapa da vida, que moitas veces trae con ela, ansiedade, depresión, TCA... Dende aquí, animamos a que vaiades e que nos informemos todos algo máis sobre un problema cada vez máis presente entre os máis novos.


E isto foi todo por hoxe, e polo curso. Esperamos que disfrutárades de esta experiencia tanto como nós. Para todos os que seguides interesados nas novas do centro, non vos preocupar, que como xa avisei, aínda quedan dúas entradas máis de blog. Por outra parte, tamén tendes todas as redes sociais do centro para conseguir información. 

Para pechar esta entrada e este curso, agradecemos a Daniel Conde, profesor que nos propuxo esta inciativa, ao EDLG por brindar información practicamente todas as semanas acerca de iniciativas do centro e por último a Gisela, que foi a encargada de darnos algunha idea sobre actividades da biblioteca nalgunha ocasión.

Desexámosvos a todos un moi bo verán e un mellor final de curso. Moitas gracias pola vosa atención semana tras semana.



Entrada por Lucas e Gonzalo




Comentarios

Publicacións populares