Volta das vacacións e último trimestre de curso

  Benvidos unha semana máis ao blog dos alumnos de TICS do 2º curso de Bacharelato, do IES Praia Barraña. Esta semana foi a primeira do mes de abril e do último trimestre, e como sempre trouxemos novedades para contarvos e informarvos!


Como dixen, xa é o último trimestre, para algúns aínda quédalle ata xuño e para outros máis "sortudos" quédalles só ata finais de maio. E non falemos dos de 2º de Bach, que quédalles tan só un mes para empezar a prepararse para as Abau, que recordamos que son do 4 ao 6 de xuño. Dende xa moita sorte a tod@s!


Ademáis de semana curta por non ter o luns clase xa que aínda eran vacacións de semana santa, non houbo moitas novidades esta semana, pero para a vindeira esperamos ter mais novidades. Por se non o sabíades, abril é o mes dos libros, e dende a biblioteca do centro quixeron celebralo poñendo na entrada unha mesa con moita variedade de libros, para quen lle chame a atención algún o colla e se o poda quedar.



Tamén a maior novidade que aconteceu esta semana foi unha actividade que semella moi entretida que tivo o alumnado de 1º da ESO B: Xuntáronse con compañeiros dos centros de Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión no auditorio de Bandeira para participar no Hackathon de EpdLab, un encontro celebrado cada ano co obxetivo de que o alumnado promova o intercambio de experiencias, desenvolvan habilidades de aprendizaxe e socialicen.


E iso é todo ata aquí, como sempre moitas grazas por ler o noso blog e grazas a EpdLab por organizar un ano máis esta actividade, que xa é tradición dende 2018. Para a semana voltaremos con máis novidades e información. Unha aperta "Barrañadenses"!


Entrada feita por Xavier Polo e Carla Crugeiras


Comentarios

Publicacións populares