Véspera de avaliacións e de Semana Santa, penúltima semana de trimestre !

     Benvidos unha semana máis ao blog dos alumnos de TICS do 2º curso de Bacharelato do IES Praia Barraña. Esta semana séntese diferente nos corredores do instituto. Por que? Porque nos atopamos na recta final do trimestre, veñen as avaliacións! A emoción e o estrés son os protagonistas agora que xa só estamos en mans dos nosos profesores.




    Para os estudantes da ESO, esta semana foi intensa, pois estiveron a tope cos últimos exames do trimestre. Estivestes traballando duro, estudando, repasando e poñendo a proba os seus coñecementos (a maioría, claro).

    Pola outra banda, os estudantes de 2º de bacharelato estamos nun momento crucial e  algo máis apretados. Aínda que tamén están a terminar con todo o deste segundo segundo trimestre, na maioría de asignaturas xa comezaron a preparar o terceiro, pois o tempo aprema e a proximidade da ABAU non deixa espazo para descansar; pero con determinación e esforzo, están listos para enfrontar este desafío.






   
 Mentres tanto, os estudantes de 1º de bacharelato teñen unha semana moi emocionante por diante. Vanse de excursión a esquiar a Andorra, unha experiencia que seguramente lembrarán durante moito tempo. É unha oportunidade para relaxarse, gozar e crear recordos cos seus compañeiros antes de mergullarse de novo na rutina académica.





    A tódolos os alumnos, independentemente do curso no que se atopen, enviámoslles os nosos mellores desexos e ánimos. Sabemos que traballastes duramente durante todo o trimestre e que estades máis que listos para afrontar o que vén. Aínda que as avaliacións poidan xerar nervios e ansiedade, lembrade que fixestedes todo o posible para prepararse e que iso é o máis importante.


Vós que tal pasastes esta semana? Moito choio? Contádenos nos comentarios!


    Así que, coa cabeza no alto e o corazón cheo de determinación, imos a por estas avaliacións! Xa sexa repasando para os exames finais, preparándose para a ABAU ou gozando da neve en Andorra, esta semana está chea de oportunidades para demostrar o que aprenderon e o lonxe que chegaron. Ánimo a todos, aínda que para este trimestre a sorte xa estea botada.


Grazas por acompañarnos unha semana máis. Ata a próxima semana!




Entrada por Brais Canosa e David Ardila

Comentarios

Publicacións populares