Última semana de febreiro e concurso de Rosalía

 Benvidos unha semana máis ao blog dos alumnos de TICS do 2º curso de Bacharelato, do IES Praia Barraña. Hoxe falaremos dalgunha actividade na que podedes participar e algunha actividade que fixeron no centro.


O 23 do mes de febreiro foi un día moi especial porque foi o día de Rosalía de Castro. Sempre celebrouse o 24 porque críase que foi cando naceu pero este ano descubríronse documentos que aseguran que naceu o 23 de febreiro de 1837, así que cámbiase a data.


No centro para celebralo, houbo o concurso "Rosalía Ilustrada" onde os alumnos da ESO fixeron postais con debuxos e varios poemas da escritora os cales colocáronse na entrada do instituto. Houbo un premiado á categoría de 1º, 2º e 3º da ESO e outro á de 4º ESO. Ambos gañadores podedes velos nas publicacións no instagram do centro.


Tamén fixemos unha campaña para o 8m chamada Ponlle Música. Se queres podes participar, simplemente é buscar cancións que reivindiquen os dereitos e fortalezas da muller e envies as túas propostas nunha mensaxe ao instagram do centro. Farase co obxetivo de facer unha lista de música colaborativa.

Por último para os despistados, hoxe comeza a solicitude de admisión no centro, pero tranquilos que tedes ata o 20 de marzo para quen o precise. Tedes toda a información na última publicación na web do centro; itinerarios, materias optativas, impresos de matrícula...

Pois xa rematou a semana e nos cumprindo co blog semanal! Esta semana non houbo moitas novedades pero a vindeira seguro que teremos máis que contar. Por todo o demáis, moitas grazas aos participantes do concurso Rosalía Ilustrada e sobre todo a vos por leer o blog para mantervos ao día. Adeus!



Entrada por Carla Crugeiras e Xavier Polo


Comentarios

  1. Pareceme unha celebraciòn moi interesante e moi creativo para os alumnos do instituto porque impulsa a imaxinaciòn dos nenos y los motìva a debuxar e tamèn a escribir

    ResponderEliminar
  2. Pareceume bonito, son debuxos moi inspiradores e emotivos.
    Quixera comentar que me encantaría debuxar tan ben e ter tanto arte nas mans como as tedes vos, todos os debuxos de aí eran preciosos, e sobre todo súper creativos por parte dese día especial de Rosalía de Castro. Os debuxos representan cousas emotivas, sentimentos,alegría e volvería a velos outra vez moitas veces mais e seguiría opinando todo isto.

    ResponderEliminar
  3. Esta actividade gustoume moito, xa que me parece algo moi creativo para facerlle a Rosalía de Castro un recoñecemento. Ademais tamén serve para axudar aos nenos a expresar o que pensan cos debuxos e papeis algo que lles vai poder servir ao longo da súa vida.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares