Marchamos de vacacións!


Benvidos unha semana máis ao noso blog. Como xa todos sabedes hoxe é o último día de trismestre e danos vacacións de Semana Santa.
Despedímonos unha semana máis, esperamos que teñades unhas moi boas vacacións e que volvades con mías enerxía, xa non queda nada para comezar a disfrutar do verán.


Mais onte, día 21 de marzo, foi o día mundial da poesía. Por parte do centro   non houbo actividades, pero cando estudamos todos estamos relacionados ca poesía dunha forma ou outra. A cidade na que este día cobra grande importancia é Granada, que dende 2017 ten marcado no seu calendario este día. Durante a xornada, aproveitando o equinocio de primavera e co bo tempo que estamos a ter estes días, fanse lecturas ao aire libre no Jardín de la Casa Porra. Como todos os anos, hai un poeta internacional convidado, este ano YU Bang, un poeta chinés. Por outra parte o cartel, como dende 2019 foi feito por Jacinto Gutiérrez.


 Por outra parte, xa a volta de vacación, concretamente a partir do 21 de abril poderánse levar libro gratis da biblioteca do centro de forma gratuita. Estanse renovando novos libros e desta forma dende o centro foméntase a lectura entre os máis novos. 

Deixando as letras a un lado, a semana pasada foi o Día Internacional das Matemáticas, facendo referencia a seguramente o número máis famoso que temos, pi, o día 14 de marzo celebrase este día no mundo das Matemáticas. Como no día da poesía fanse actividades na rúa para fomentar o pensamento matemático entre todos nos. Para os interesados e aficionados ás mates, deixámos nesta ligazón, máis información sobre este día.




Entrada por Gonzalo Sainz e Lucas Lijó

Comentarios

Publicacións populares