Regreso das vacacións

Benvidos de novo unha semana máis ao blog semanal do alumnado de TICS de 2º de Bacharelato do IES Praia Barraña. Esperamos que gozárades destas vacacións cheas de regalos máis que nunca, e que pasárades un bo rato coas vosas familias, sen esquecerse de facelas tarefas da escola. 


A verdade é que volver á rutina non e fácil, pero despois deste nadal puidemos recargar forzas para este novo trimestre e comezar con ánimo.


Nesta primeira semana, os alumnos de 2º de Bacharelato que presentaron a súa petición para presentarse ás probas de acreditación de linguas, que se realizarán neste mesmo instituto, o 28 de febreiro, xa poden ver as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas, basadas en función da media do expediente, na nota da asignatura de Inglés e no prazo de entrega desta petición. Isto todo explicóunolo hoxe 12 de xaneiro no primeiro recreo Iván Folgueira Pérez nunha charla convocada no salón de actos do centro.





Estas probas son una excelente oportunidade para demostrar as nosas habilidades no desenvolvemento dun idioma estranxeiro, como pode ser o inglés e abrirnos máis portas cara o futuro.

Podedes encontrar máis información de valiosa utilidade na aula virtual, no curso: Probas de acreditación de linguas, onde se especifican datos sobre estes exames e tamén conta con modelos de writing, reading, listening e speaking de cada nivel, dende B1, pasando por B2, ata C1.
Nesta ligazón podedes ver máis afondamente estes datos Probas de acreditación de linguas.

E como foi a vosa primeira semana despois do Nadal? Esperamos as vosas respostas.

Ata aquí o blog , vémonos a vindeira semana para contarvos todas as novas posibles de cada semana no centro!



Entrada feita por Pedro Saborido e Héctor Outeiral


Comentarios

Publicacións populares