Concursos de entroido

Benvidos unha semana máis ao noso blog. 
Nun par de semanas acercase o entroido e a época dos disfraces e postres e o noso instituto fará concursos relacionados con estas dúas cousas típicas de entroido.

O pasado 17 de xaneiro na reunión de delegados informouse sobre as bases do concurso.
O concurso de disfraces será por grupo/clase, con temática do mar. Isto para poñer en valor a nosa costa, que este mes de xaneiro veuse afectada por un vertido de pellets de plástico. O concurso non remata aquí xa que cada clase deberá facer unha pequena posta en escea e mostrarlla ao alumnado. Haberá premios para os gañadores, apuntate!
Se pensas que o teu non é a actuación ou o baile e te gusta máis cociñar postres, tamén hai un concurso para ti este entroido. Todos sabemos que en entroido, aquí en Galicia, o máis común é tomar filloas, rosquillas ou orellas entre outros.Apuntate a cociñar o teu postre e móstrallo ao xurado. Un consello persoal, dalle unha volta a estes postes típicos e ponlle o teu toque creativo e moderno. Este concurso tamén terá premios e aqueles postres que sobren despois do concurso, poranse para que o resto de alumnos podan probalos. Tamén haberá premios para os gañadores, anímate!


Este entroido hai opcións para todos, deixa un oco para a túa creatividade, tanto para os difraces e a posta en esecea, como para os postres. Animádevos a participar e que estas dinámicas se sigan a facer no noso centro, canta máis xente mostre interés mellores serán os concursos.



Entrada por Lucas Lijó e Gonzalo Sainz

Comentarios

  1. A min, gustaríame gañar o premio, paréceme moi boa idea o concurso de cociña xa que así lle podemos dar voltas a imaxinación e seguro que todos os pratos están moi bos. Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito esta noticia porque encántame o Entroido e tamén a festa.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares