Vacacións de Nadal

- 22 de decembro de 2023


Benvidos unha semana máis ao blog dos alumnos de TICS do 2º curso de Bacharelato, do IES Praia Barraña. O Nadal xa chegou, e tamén a Barraña. Esta semana foi a última de clase e hoxe venres, non tivemos clase. Xa cheira a Nadal, ano novo, agasallos (ou carbón, depende), uvas, desexos e demáis.


Ademáis de ser a última semana do primeiro tremestre e haber feito máis festa en clase que clase normal, houbo 2 concursos de nadal onde participou o alumnado da ESO: o concurso de tarxetas e o concurso de portas decoradas. Para as tarxetas tiveron que facelas con materiais reciclados, en galego e por unha cara; e as portas tamén decoráronse con material reciclado e a porta cañadora gozou dun premio moi suculento... Unha merenda gratis na cafetería do centro.


As portas déronlle un ambiente moi do nadal ao centro; había algunha porta ata con cheminea e agasallos. Todos os participantes de ambos concursos pódense ver no instagram do instituto @barranaenreda. Pouco máis hai que contar da semana, como dixen foi unha semana de bastante festa para todos. Pero bueno, facíanos falta! Con todo esto, moitas grazas por ler o noso blog unha vez máis e Bo Nadal, non vos atoredes cas uvas!




Comentarios

Publicacións populares