Recoñecementos do centro en 2023

     Benvidos unha semana máis ao blog dos alumnos de TICS do 2º curso de Bacharelato, do IES Praia Barraña. Qué tal estades, tedes xa a árbore posta ou sodes dos que non lle chega o espírito navideño hasta que rematan as clases? Esta semana tivemos só dous días de clase pola ponte de decembro, polo que non temos moito que comentar, pero xa o ano 2023 esta chegando ao seu fin, queremos lembrar o recoñecemento que recibiu o IES Praia Barraña durante este ano.


Premios INNOVAGAL


   O obxectivo dos premios Innovagal é poñer en valor o traballo de colexios e institutos que desenvolven enfoques formativos novos e promovelos como motor de desenvolvemento local. A idea da Xunta pasa por crear unha rede de colaboración entre os centros que fomentan a formación continua do profesorado.

    A Xunta de Galicia vén de recoñecer o traballo de oito centros educativos cos premios terceira edición dos premios Innovagal , que avalan o compromiso dos colexios e institutos coas boas prácticas en innovación educativa. O obxectivo é impulsar o desenvolvemento deste tipo de iniciativas e crear unha rede de colaboración entre os centros que fomenten a formación continua do profesorado.
Así mesmo, búscase promover o papel da comunidade educativa e da innovación neste eido como motor de transformación social.

    Os centros galardoados na categoría A, correspondente a Infantil, Primaria, Educación especial e aos o colexios rurais agrupados son, co primeiro premio, o CRA Mestre ManuelGarcés (Tomiño), co segundo o colexio CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) e co terceiro premio o colexio CEIP Virxe da Barca (Muxía). O CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo) recibe o accésit.

    Na categoría B, correspondente a centros públicos integrados, institutos e centros públicos de educación e promoción de adultos, o primeiro premio é para o instituto IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas), o segundo para o CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel) e o terceiro para o noso, o IES Praia Barraña. O accésit recae no centro de educación e promoción de adultos do centro penitenciario da Lama, en Pontevedra.

























Por qué gañamos o premio?


    Porque o IES Praia Barraña de boiro, o noso instituto, segue unha metodoloxía de aprendizaxe activa arredor dunha serie de medidas que buscan mellorar o desarraigo coa tradición e a memoria, contrarrestar os efectos da educación rápida e loitar contra a radicalización dos discursos excluíntes, os malos hábitos e o individualismo. Cabe destacar que o centro colabora con outras institucións, entre elas o centro de día co que desenvolven o Proxecto Amarre no que os maiores acoden ao instituto para traballar na horta escolar xunto co alumnado.

    A colaboración co centro de día e os proxectos relacionados coa tradición e a memoria, entre as actividades valoradas

  O instituto tamén oferta unha serie de actividades extraescolares que pretenden aportar unha alternativa cultural relacionada con que este instituto sexa o único centro da contorna que ten a modalidade de Bacharelato de Artes.















Grazas por acompañarnos unha semana máis e felicitar ao centro por este recoñecemento. Ata a próxima semana!



Entrada por David Ardila e Brais Canosa




Comentarios

Publicacións populares