Datas de ABAU

 -decembro 17, 2023

    Benvidos unha semana máis ao blog dos alumnos de TIC's II do IES Praia Barraña. Que tal o final de trimestre? Como ides vendo esta entrada en Nadal?

 Xa rematamos o trimestre, e mañán no noso centro o almunado de 2º de Bacharelato será avaliado.  Moitos de nos xa estabamos tranquilos pensando nas festas de Nadal, mais chego para avisar que xa están publicadas as datas de ABAU de cara xuño e xullo. Estas foron aprobadas fai un mes, mais durante a última semana publicouse un horario provisioanal dos exames. Seguimos pensando que ainda queda moito de curso, pero o alumando debería estar avaliado xa en abril, isto quere dicir que en 4 meses xa deberíamos de saber as nosa notas finais, está claro que este é un curso moi curto e moi intenso.

Datas de ABAU, horarios e información importante

Horarios ABAU 2024
 O proceso de acceder a universidade non é só presentarse a proba de acceso, tamén require facer matrículas e para moitos de nós, comezar a buscar un piso ou unha residencia no lugar onde vaiamos estudar. Pero iso daría para outra entrada, o primeiro é facer os exames, que serán o 4, 5 e 6 de xuño, no caso das probas ordinarias e o 2, 3 e 4 de xullo para as probas extraordinarias. 

Como dixen, os horarios provisionais para as probas ordinarias xa están publicados, deixovolos na parte dereita da pantalla.
Outras datas importantes que se van acercando son as datas de entrega das matrículas de cara ABAU, e o que máis nos importa aos alumnos, as datas de publicación das notas. Inserto por aquí a información que facilitou a CIUG de cara estes exames. 

















Non debemos poñernos nerviosos de cara estas probas, mais non despistarnos, 2º de BAC é un curso que remata rapidísimo e moi centrado nestas probas. Moito ánimo a todos, pronto rematamos. 

Mais agora e momento de descansar e desconectar, pasando tempo ca familia e comezar con máis ganas o vindeiro ano. Gonzalo e Lucas nos despedimos por este ano, dende aquí desexamos un bo final e inicio de ano. Felices festas de Nadal!


Gracias unha semana máis por leer o noso blog e disculpas pola tardanza da entrada desta semana. 



Entrada por Lucas Lijó e Gonzalo Sainz






Comentarios

Publicacións populares