O reencontro dos hortícolas


O reecontro dos hortícolas

-novembro 17, 2023
   
   Benvidos unha semana máis ao blog de alumnos de 2º de Bacharelato de TICs 2 onde vos contaremos as novidades desta semana.
Tras un comezo de curso marcado pola chuvia e polos temporais, onte os alumnos da aula de Educación Especial, xunto ca Asosación AMICOS e o Centro de Día de Boiro puideron retomar a actividade no pequeno horto do noso centro.
Un ano máis o noso centro fai esta práctica que axuda que tanto xóvenes como maiores pasen un bo rato, coidando da horta que hai no noso centro, aínda que sexa tan só unha vez por semana e cando o tempo da tregua. 
Nesta xornada os hortícolas comezaron a preparar todo para as plantacións de inverno. O ano pasado durante esta época do ano plantáronse repoliños, porros e coliflores, esperemos que este ano o proxecto dos hortícolas teña o mesmo éxito que o pasado curso. 


Mais as novidades desta semana non rematan aquí, para finalizar esta entrada queríamos agradecer a visita de Eva Metujo, que veu a falar co alumado de 3º ESO sobre a súa obra 22 segundos. Unha actividade moi interesante para os amantes da lectura, gracias á organización do Departamento de Lingua Galega. 
 

Unha semana máis gracias pola lectura do noso blog, a vindeira semana estaremos de volta para seguir actualizando sobre as novas do IES Praia Barraña.


Entrada por Lucas Lijó e Gonzalo Sainz


Comentarios

Publicacións populares