Concursos en curso, a túa oportunidade para demostrar a túa creatividade, o teu inxenio ou a túa destreza.

   Benvidos unha semana máis ao blog dos alumnos de TICS do 2º curso de Bacharelato, do IES Praia Barraña. Esta semana imosvos recordar qué concursos están celebrandose actualmente na nosa comarca coa colaboración do noso centro. A participación neste tipo de concursos é unha oportunidade única para demostrar os teus talentos, aprender novas habilidades e, por suposto, gañar fabulosos premios, pero máis aló da recompensa material, estes eventos fomentan a colaboración, a creatividade e a superación persoal. Así que, se es unha apaixonado da arte, a escritura, as ciencias, os deportes ou calquera outro campo, hai un concurso esperando por ti.

    Segue lendo para coñecer en detalles dos concursos en curso e descubre como podes unirche á diversión. Prepárache para brillar e deixar a túa pegada na nosa comunidade escolar!



  •  XXII Concurso de relato oral TÍRALLE DA LINGUA: Tíralle da lingua é un proxecto de AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado, co obxectivo de incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
    E sobre todo, asegurar a competencia na fala entre o alumnado!

    Os puntos máis importantes das bases deste concurso son as seguintes, pero se queres saber máis invitámosche a que lle botes un ollo aos carteis situados nos taboleiros das escaleiras do instituto, pois aí poderás atopar toda a información:
    • As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia
    • As historias contaranse en galego
    • Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico
    • O concurso vai destinado a tres niveis académicos: primaria, 1º, 2º e 3º da ESO; e 4º da ESO e ensino postobrigatorio
    • O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo: primeiro a nivel de centro de ensino e segundo a nivel nacional
    • Na primeira fase será o propio centro o que determine a 5 gañadores de cada categoría que pasarán á segunda fase.
    • Na fase final será un xurado composto por tres persoas alleas aos centros e con experiencia nestas a actividades os que visionen os traballos realizados e escollerá aos gañadores ou gañadoras, a quen se concederá un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo por valor de 150 euros.
    • A inscrición remata o 14 de novembro, correde a apuntarvos!







  •  VIII Certame de curtas Alberto Romero: A inscrición esta dispoñible desde o 01/10/2023 ata o 28/02/2024.  Repártense 1800€ en premios 
    • Para máis información podes visitar: 
      • www.albertoromero.org
      • Asociación Alberto Romero (FACEBOOK)
      • Asoc.culturalalbertoromero (INSTAGRAM)







  • XIII Certame de Curtas (AS-PG): 
      • I.- ORGANIZACIÓN: O Certame de Curtas da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega nun apoio ao audiovisual como forma de comunicación e divulgación da lingua e literatura galega. As curtas admitidas a concurso e as curtas finalistas daranse a coñecer no enderezo http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG. 
      • II.- TEMÁTICA: As curtas xirarán ao redor da literatura, interpretando ou explorando calquera texto de calquera época da Literatura Galega. A modalidade en que se presenten os traballos é libre: videocreacións, curtametraxes, videoclips… e admitirase calquera técnica de elaboración. As curtas presentadas levarán incluído un espazo de créditos.
      • III. NORMAS DE PARTICIPACIÓN: 
          • 1. Poderán optar aos premios as curtas rodadas en calquera sistema de gravación (cine, vídeo...), inéditas ou que fosen estreadas entre o 1 de setembro de 2020 e o 9 de novembro de 2023. 
          • 2. As obras poderán enviarse por  wetransfer a: informacion@as-pg.gal ou en DVD. O formato de exportación debe ser preferentemente .mp4, .mov ou .avi. No caso de ser en DVD deberán enviarse ou presentarse no enderezo: Asociación Socio- edagóxica Galega XIII Certame Curtas AS-PG Rúa Laracha, 9 baixo 15010 A Coruña
          •  3. Prazo: as curtas deberán ser recepcionadas na AS-PG antes das 14 horas do 9 de novembro de 2023.
          •  4. A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos. 
          • 5. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o galego. 
          • 6. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras. 
          • 7. O material enviado ao inscribirse non será devolto. 
          • 8. Os vídeos participantes na Categoría Centros de Ensino poderán ser difundidos a través da páxina web da AS-PG e das súas redes sociais.
      • IV. CATEGORÍAS 
          • 1. Categoría xeral Mellor Curta XIII edición. 
          • 2. Categoría Centros de Ensino XIII edición. A mesma obra só poderá participar nunha única categoría que será indicada na ficha de inscrición.
      • V. PREMIOS
          • 1. Categoría xeral – Premio á Mellor Curta XIII edición de Curtas AS-PG, dotado de 1.500€ + Diploma.  2º Premio dotado con 750€ + Diploma. 
          • 2. Categoría Centros de Ensino – 1º Premio, dotado con 900€ + Diploma. – 2º Premio, dotado con 400€ + Diploma – 3º Premio, dotado con 200€ + Diploma
      • VI. INSCRICIÓN:  Os/As participantes deberán enviar a seguinte documentación: * Ficha de inscrición con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberanse enviar tantas fichas como obras. * Na Categoría Xeral, fotocopia do DNI do director/directora, ou calquera membro responsable da obra. Na Categoría Centros de ensino, fotocopia do DNI do director ou directora do centro. * Ficha de inscrición web http://bitaculas.as-pg.gal/ entrada Curtas * Poderá ser enviada por correo electrónico a informacion@as-pg.gal ou a Asociación Socio-Pedagóxica Galega XIII Certame Curtas AS-PG Rúa Laracha, 9 baixo 15010 A Coruña
      • VII. XURADO A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado que estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da literatura e do audiovisual. O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada unha das categoría. Entre eses finalistas estará a gañadora. Así mesmo designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras e avaliar a adecuación ás bases. Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación. Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado, faranse públicos no enderezo web http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas AS-PG. O ditame do xurado é inapelable
      • VIII. ENTREGA DE PREMIOS: As obras gañadoras daranse a coñecer no Acto de entrega de premios que terá lugar en decembro de 2023. A data e lugar serán publicados na páxina web da AS-PG. Neste acto é obrigada a presenza, en representación das obras, dalgún dos membros das curtas finalistas. A non presenza será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra resultar premiada), mais non do premio en si.
      • IX. RESPONSABILIDADE: A persoa representante da obra será a única responsable legal da curta. As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos sen ánimo de lucro organizados para a promoción do Certame. A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases.





    Entrada por David Ardila y Brais Canosa



















    Comentarios

    Publicacións populares