Benvidos ó noso blog. O instituto IES Praia Barraña

   Benvidos ao blog dos alumnos de TICS do 2º curso de Bacharelato, do IES Praia Barraña. Este é un espazo onde os protagonistas seremos nós, os alumnos, e onde compartiremos noticias e anuncios realcionados co noso centro, ademais das nosas opinións e experiencias vividas nesta viaxe a través do noso último curso no centro.

   O obxectivo deste blogue será crear un lugar onde poderemos expresarnos, informar, e, sobre todo, conectarnos cos nosos compañeiros e con todos aqueles que queiran coñecernos algo mellor.

   Este blog recibirá actualizacións semanais e na creación e actualización do mesmo colaboraremos os seguintes alumnos: David Ardila, Brais Canosa, Héctor Outeiral, Pedro Saborido, Xavier Polo, Gonzalo Sainz, Lucas Lijó e Carla González.

    A continuación  podedes ler xa a nosa primeira entrada propiamente dita, a cal introducirá o noso instituto: o IES Praia Barraña.


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


    O día de hoxe hai 40 anos, o 13 de outubro de 1983, inaugurouse o Instituto de Bacharelato Mixto de Boiro e cubríase así unha necesidade histórica para todo o alumnado que tiña que se desprazar a institutos doutros concellos. Nestas catro décadas de existencia do centro teñen pasado polas súas aulas milleiros de alumnos e alumnas cargados de expectativas e centos de profesores que puxeron medras no prestixio do centro. Debido á súa situación privilexiada sobre a ría de Arousa, no curso 1998/99 o centro cambiou o seu nome polo de IES Praia Barraña, como o coñecemos agora.


    Nun principio, o Instituto acolleu alumnado de BUP e C.O.U., mais coas diferentes reformas educativas foi ampliando a súa oferta e hoxe ten aulas con Programas de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento (PMAR), ESO e Bacharelato; onde ademais das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais, inclúe a de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe, sendo o único instituto da comarca que ofrece esta modalidade;  polo que o centro recolle alumnado non só de Boiro, senón tamén doutras vilas veciñas con alumnos que queiran estudar o bacharelato artístico.


    Con importantes éxitos na formación do seu alumnado, o IES Praia Barraña segue a acadar altos resultados nas titulacións da ESO ou nas probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), e continuamente participa en proxectos nacionais e internacionais, enfocados ao intercambio educativo e cultural e á mellora da calidade na aprendizaxe de idiomas que se imparten nas seccións bilingües.











Entrada por Brais Canosa e David Ardila.


Comentarios

  1. A min este blog pareceume moi interesante , xa que aprendín cousas do meu centro que non sabia.

    ResponderEliminar
  2. Encántame que haxa un blog dedicado ao instituto. Podémonos decatar de todas as novas do noso centro nun sitio online. Ademais a xente que non está no noso instituto pode ver todas as cousas que facemos e asi pode facerse unha idea de como é o noso insti. Moi boa idea.

    A.P.C. 2º ESO B

    ResponderEliminar
  3. Pareceme unha forma moi bonita de expresar Galicia tal e como e , e dalle bo ambiente ao instituto.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares