Actividades do Samaín

 

Benvidos unha semana máis ao noso blog semanal. Esta semana máis, concretamente esta finde que ven, celébrase o Samaín, que é unha das festas máis esperadas para algunhas persoas xa que lles encanta disfrazarse e dar sustos a xente. Ou tamén hai persoas que non lles apetece sair da casa pero decoran e fan comida de samaín como cabazas, golosinas de calaveras , arañas… e que non falte unha película de terror! 


Aquí no IES Praia Barraña gústanos celebralo ao grande con diversas actividades para que os alumnos se animen a facer cousas cos seus amigos e o pasen ben facéndoo sen estar todo o día coas tecnoloxías. 

Como xa se dixo a semana pasada aquí fíxose un concurso de relatos terroríficos no cal tiña dous gañadores para as distintas categorías de educación que son a ESO e Bacharelato. Outra actividade que propon a biblioteca do noso centro que nos recorda que está preto o Samaín está relacionada con películas e series de terror xa que nos propón o seguinte: Un concurso de fotos de medo. E dirás tí porque se parecen as películas cunhas fotos?, pois que, se nos damos de conta, as fotos que nos encontramos se buscamos fotos de terror vainos aparecer a maioría de películas ou series. Aínda que como imos moi adiantados no noso centro o prazo xa rematou pero é unha actividade entretida para poder sacar ideas da nosa cabeza. 


Participar é moi sinxelo: 


  • Envía a foto máis terrorífica que saques a boiroteca@gmail.com 

  • Ponlle o nome e curso á foto no correo electrónico ou no propio nome da foto (unha por participante, non vos pasedes!) 

  • Prazo límite o 26 de outubro




Como se valorará: valorarse a orixinalidade e a temática deste ano que é a mitoloxía propia da terra.

Animamos á xente do noso centro a que participen neste tipo de actividades da biblioteca para así poder comunicarnos máis coa xente do voso entorno e pasar un rato divertido vendo diversas fotos ou relatos de outra xente. Tamén animamos á xente doutros centros a que faga actividades destas para poder mellorar ou tamén a familias para pasar un rato todos xuntos. 


Pero unha actividade na que aínda non está confirmada a súa data é o tunel do terror que vai a facer o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Artes coas súas propias ideas e sustos para así pasar o día do Samaín cunha actividade divertida e distinta á que se soen facer, xa que aquí vai a participar case todo o alumnado do centro se queren e non teñen medo, non se vai a obrigar a nadie a entrar pola súa contra de voluntade. Farase como o ano pasado no edificio onde estan todas as salas de deseño e algunhas máis, o edificio ao lado do ximnasio para que ninguen se perda.

Esperemos que veñades todos disfrazados cuns disfraces que den moitisimo medoooo, se son orixinais e dan medo seguro que é un dos mellores. Tamén podedes vir en grupos de distintas películas para ser máis orixinais, gañades puntos.







Entrada por Carla González e Xavier Polo


Comentarios

Publicacións populares