Semana chea de actividades de entroido e reivindicación da nosa lingua


 Ola a todos os seguidores do noso blog semanal! Temos ilusión de presentarvos unha iniciativa que está a revolucionar a nosa comunidade e a desafiar os prexuízos arredor do uso do galego. O noso obxectivo é claro: queremos acabar cos prexuízos que tentan dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galicia que non fala galego. Queremos demostrar que a nosa lingua está viva e presente en todos os ámbitos da nosa sociedade, dende os barrios ata o comercio local.   

 





O alumnado do noso instituto, xunto con outros centros participantes de toda Galicia, actuará como técnicos de normalización lingüística. A súa tarefa é sinxela pero poderosa: entrar en locais da nosa comunidade, preguntar se poden poñer un cartel do instituto para fomentar o uso do galego e explicar que se dará publicidade nas nosas redes sociais.
Con 100 carteis, podemos marcar a diferenza! Cada grupo de alumnos pode marcar o seu propio obxectivo, pero como mínimo pretendemos chegar aos 100 carteis por centro participante. Pero podemos superar ese obxectivo!
Para evitarmos partillar os nosos contactos telefónicos, ou saturar as nosas contas
de email, recomendamos que o alumnado vos envie as fotos directamente ao voso
telegram. Esta plataforma, semellante ao whatsapp, permite enviar a un usuairo
(exemplo: @apombo) e así nin vemos o número do alumno/a, nin eles ven o noso
contacto. Cando as teñas, só tes que reenviar para o contacto que che facilitemos xunto co
nome do negocio ou institución. Nós subiremos todo a un TikTok e Instagram
dedicado con mensaxes do tipo: A perruquería Océano tamén se suma á campaña.

#aquítaménsefala ou As mariscadoras da Illa de Arousa din que #aquítaménsefala. 



 

No ano pasado, a nosa campaña foi recollida por diversos medios de comunicación, e este ano esperamos seguir facendo impacto. Ademais, o alumnado participante recibirá puntos de participación na súa materia de lingua galega en recoñecemento ao seu esforzo e dedicación. Adxuntamos algúns exemplos dos carteis que estamos utilizando, así como fotos da acción en curso. Ademais, estamos a traballar para conseguir o apoio dos líderes locais, como deportistas, escritores, actrices, que apoian a nosa campaña con mensaxes e fotos. 

Unímonos todos neste esforzo de promoción e celebración da nosa lingua e cultura galegas!  Entre todos podemos romper os prexuízos e facer do galego parte integrante da nosa vida cotiá.


Esta campaña, iniciada polo IES Rafael Dieste da Coruña, tivo tanto éxito que apareceu a no xornal La Voz de Galicia.
 


Os institutos A Cachada, Espiñeira e Praia Barraña de Boiro veñen de unirse á campaña de fomento do uso do galego «Aquí tamén se fala», unha iniciativa do IES Rafael Dieste da Coruña que se está facendo viral grazas á participación de famosos como o actor Viggo Mortensen.

Grazas á colaboración do alumnado boirense, moitos negocios e comercios da localidade locen dende esta semana cartaces coa consigna «Aquí tamén se fala». Estudantes de secundaria e bacharelato encargáronse de distribuír os carteis entre todo tipo de establecementos, de tendas a fábricas, talleres ou taxis.


Esta semana tamén estivo chea de diversión e creatividade grazas ás celebracións de Entroido no noso centro. Desde o luns ata o xoves, os estudantes e o persoal mergulláronse no espírito festivo cunha serie de actividades temáticas.

Para empezar, o luns marcou o inicio da nosa semana de Entroido cunha indicación especial: pés disfrazados! Os estudantes chegaron ao instituto cos pés decorados de formas creativas e divertidas. O martes, a diversión continuou co desafío de levar algunha peza ao revés. O mércores, a atención centrouse na cabeza, coa tarefa de poñerse algo na cabeza para un toque final de orixinalidade. 

Pero a diversión non se detivo aí. Un dos puntos destacados da semana foi o concurso de baile con disfraces, realizado o venres, que contaba coa temática do mar. Estudantes de todos os cursos mostraron os seus mellores movementos mentres se mergullaban no mundo submarino con disfraces orixinales e coreografías creativas.


 


          Os alumnos da clase de 3º da ESO consolidáronse como os gañadores do concurso.


 


Ademais, os nosos profesores transformaron inxeniosamente uns simples palets en bancos na aula de tecnoloxía, demostrando traballo en equipo pola súa parte.

 



 

Tamén é de destacar a partida dos alumnos de 2º de Bacharelato de relixión cara Berlín, onde teñen previsto chegar este sábado.


Por último, pero non menos importante, cabe destacar unha emocionante oportunidade para todos os estudantes: O concurso "Rosalía Ilustrada", en honra ao día de Rosalía de Castro. Este concurso ofrece a oportunidade de expresar o talento artístico dos nosos estudantes. Os participantes poden escoller versos da autora Rosalía de Castro, escribilos e ilustralos nun formato A4 para ter a oportunidade de gañar un premio especial. Dende o centro,animamos a todos os estudantes a participar e demostrar a súa creatividade!


Lembrade que a data límite para a entrega das obras é o 22 de febreiro, un día antes do día de Rosalía. Non perdades a oportunidade de deixar a vosa pegada artística no noso instituto!





Desexámosvos un feliz antroido e que vos integredes na campaña Aquí tamén se fala galego!



Entrada por Pedro Saborido e Héctor Outeiral






 

Comentarios

  1. Bos días,esta ligazón do blog encantoume,aínda que no festival do entroido perdera,foi mala sorte.

    Un cordial saúdo a o 2ºde bacharelato.

    ResponderEliminar
  2. Bos días,
    Pareceme moi boa idea repartir carteis promocionando falar galego polos comercios do pobo, ademais de necesario.

    A actuación do alumnado de 3 da ESO estivo moi ben!!!

    ResponderEliminar

  3. Ola, son Victoria de 2º de ESO A.

    Estes comentarios parecían moi interesantes. A min este relato gustoume moito porque fala de tres cousas moi importantes: falar o galego, a festa de entroido e Rosalía de Castro.
    Vós tedes toda a razón, aquí é mellor falar máis galego que castelán/ español ou linguas estranxeiras ( inglés, francés, italiano, sueco, danés. húngaro, romanés, croata, ucraniano, búlgaro,..). Os dous idiomas máis importantes que hai que falar en Galiza son o galego e o portugués.

    A festa do entroido estivo moi ben. Sara, Lucía e eu fomos de langostas. Mandádesme un comentario se vos gustan o nosos disfraces? A nós encantáronos, pero como chovía tivémolo que celebrar no ximnasio. A ver se para o curso non chove e podémolo celebrar fóra.

    Vós fostes de vacacións a Berlín. A min gustaríame ir a Estocolmo e aprender sueco.

    Hoxe é o día de Rosalía, eu non podo participar no concurso, porque me esquecín de entregar o traballo de Rosalia ilustrada. Pasádeo ben, e que gañe alguén de vós.

    Moitos bicos e moitísima sorte nos exames que vos quedan!

    Victoria G. P. (2º ESO A)

    ResponderEliminar
  4. Bos días,
    paréceme una idea xenial a de promover o uso do galego. É moi importante para a nosa cultura e cada vez usase menos. Seguide así ides moi ben!!!
    Moitas apertas,
    R.O.

    ResponderEliminar
  5. A mensaxe dos carteis é moi clara e concisa, transmitindo unha mensaxe tan importante e de forma tan clara e simple coma “Aquí tamén se fala galego”.
    Alégrame que os institutos Boirenses tamén se xuntaran a esta dinámica, e o feito de que foran alumnos e profesores pareceume moi xusto e divertido en certa parte, xa que percorrer a cidade indo de tenda en tenda ou local en local.
    A aparición deste tema no xornal tamén foi todo un mérito, xa que é moi importante que non se perda unha lingua tan fermosa coma o galego.
    E xa nin falar do ben que o pasaron todos no centro no nadal. Como profesorado, alumnado e dirección participou foi un detalle súper interesante, xa que se ve que hai moita igualdade en todos os sentidos.
    Moi interesante o blog.

    ResponderEliminar
  6. Boas, a miña opinión sobre este blog e que está moi ben feito e con boa estrutura, é sospeitoso que non nos déramos de conta da fecha exacta de nacemento de Rosalía ata agora.
    Tamén é moi boa idea o do torneo de xadrez para quen queira aprender.

    Eu creo que é necesario fomentar o galego para que nunca se converta nun idioma pouco falado.
    Abur.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares