Actividades diversas do noso centro

    Benvidos unha semana máis ao blog dos alumnos de TICS do 2º curso de Bacharelato, do IES Praia Barraña. Esta semana imosvos contar todo o que fixeron os alumnos deste centro, o equipo directivo e unha pequena actividade que se fixo para todos aqueles pais, adolescentes ou nenos que quixeran participar. 



    Esta pequena actividade que se fixo non foi no noso centro senon que se fixo no concello de boiro, no centro social, no cal unha muller que está especializada e comprende o comportamento da xente, especialmente as da xente xove e nenos xa que se trata dunha pedagoga, Mercedes Urbiola. Neste pequeno taller o que quería transmitir e ensinar aos pais é o comportamento que os seus fillos ou xente xove cercana poidera ter, para poder comunicarse mellor con eles, tanto adolescentes como nenos pequenos que non teñen un moi bo comportamento ou que os pais prefiren cambiar para un mellor futuro para eles. Ou tamén podía ir xente xove para aprender mellor como funciona o seu cerebro en diversos casos, como van a ter diferentes comportamentos e como poderían afectar iso a sociedade, a familia, a comunicación ou a túa relación coa xente de fora. Este taller era un taller no cal Mercedes ensinache con diversos mapas mentales todo moi esquematizado como funciona todo de forma amena, tamén con diversas actividades onde interactúas coa xente ou pensas como un adolescente que nunca ven mal poñerse no seu papel e como se podería sentir respecto a diversos comportamentos.


Nesta semana vanse a celebrar dous días moi importantes para o noso centro e para a historia, xa que estes días son o día da ciencia e o 25N contra a violencia de xénero. 


Vanessa 4 de Decembro

María 4 de Decembro

Ángela 10 de Decembro

                Irina 16 de Decembro

                    Yaqueline 17 de Decembro
María del Carmen 19 de Decembro



                                                        Marie Curie

                                          Irène Joliot-Curie

                         Maria Goeppert-Mayer

           Dorothy Crowfoot Hodgkin


Para poñernos un pouco en coxtexto a ciencia é a ferramenta que os seres humanos crearon tanto para comprender o mundo que o rodea como para aplicar ese coñecemento no seu beneficio. Os avances científicos permítennos buscar solucións a novos retos económicos, sociais e ambientais cos que construír un futuro sostible. A ciencia tamén ten un papel na construción da paz promovendo a cooperación internacional para lograr un desenvolvemento sostible. O Día Mundial da Ciencia é un evento anual que se celebra en todo o mundo dende 2002 para lembrar o compromiso adquirido na Conferencia Mundial da Ciencia, que se celebrou en Budapest en 1999 A súa finalidade é renovar o compromiso, tanto a nivel nacional como internacional. O Día Mundial tamén pretende sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da ciencia e salvar a brecha entre a ciencia e a sociedade.


O departamento de bioloxía cos alumnos de 3º da ESO van a facer unha pequena exposición sobre a ciencia na casa da cultura, onde van a explicar un pouco os descubrimentos máis importantes para historia explicando de forma visual con estructuras feitas a man, poñendo datos importantes e facendo experimentos, ter unha máquina importante para a nosa historia onde se explique a súa historia … todo isto utilizando materiais xa empregados no noso centro e reutilizandoos para esta exposición. Un exemplo que fixeron foi a representación das células procariota, animal e vexetal en 3D, poñendo ao lado un microscopio cos diferentes tipos de células nel para miralas polo microscopio cunha imaxe ao lado de como se debería ver. 














Para comprender o que se fixo no noso centro debese saber que dende 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas marcou o 25 de novembro no calendario como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Pasaron máis de 20 anos e seguimos loitando contra esta lacra que asasina, fere e marxina ás mulleres de todo o mundo. A violencia máis evidente contra as mulleres é a física. Só en España, en 2022, 49 mulleres morreron a mans das súas parellas e ex-parellas, segundo datos do Ministerio de Igualdade. Este ano que aínda non rematou xa morreon 52 mulleres a mans da violencia de xénero só en España que xa se converten en 1.237 en total dende que se recollen datos. 

O concepto “violencia de xénero” dá nome a un problema que, aínda hai pouco, formaba parte da vida persoal das persoas. Considerouse un asunto de familia que non debe ir máis alá das portas e, polo tanto, no que non debe haber intervención. Entender a violencia como unha cuestión persoal reforza ás mulleres en situación de subordinación respecto dos homes e implica asumir as relacións de poder historicamente desiguais entre ambas e a través das cales os homes son lexitimados para manter o seu status quo de dominación mesmo fronte á violencia.Esta percepción contribúe a que as mulleres non denuncien a súa situación por medo, vergoña ou culpa. Entón por culpa disto cada vez máis mulleres morren por iso hai que reivinicalo para que se faga publico e non dea vergoña. 

No noso centro o que se fixo foi decorar a entrada con bolboretas colgando do teito facendo referencia as mulleres asasinadas por culpa da violencia de xénero poñendo un 25N no teito de cor morado e negro xa que son as cores que predominan e fai refencia a isto. No chan tamén hai unha silueta dunha persoa feita con cinto cunha postura como dun crime facendo tamen referencia a violencia de xénero cara as mulleres. Tamén se puxo nas escaleiras, en concreto no chanzo, todas as mulleres que foron asasinadas durante este ano, poñendo os seus nomes, a suas idades… 





Entrada feita por Carla González e Xavier Polo







Comentarios

Publicacións populares